16 abril 2011

Creación de álbumes de Picasa, e publicación neste blog

Estamos utilizando este blog para colocar as ligazóns ou presentacións dos nosos albumes en picasa, flickr etc,

Albumes de picasa.

A- Creación do álbum
1. Crear unha conta en www.picasaweb.google.com onde subiremos os álbumes que queiramos compartir.

2. Subir fotos. Clicar en "subir" na parte superior da páxina. Sae un cadro que pon "subir fotos o seleccionar álbum". Poñer nome no álbum e en "Visibilidad", seleccionar "Cualquier usuario que reciba el enlace". Clicar en "Continuar"

3. Seleccionar as fotos para subir, accedendo á carpeta onde temos as imaxes seleccionadas
Xa temos feito o noso album de fotos. Agora so queda publicalo neste blog

B- Publicación do album neste blog

Para isto hai que ácceder ao album recén feito, onde se visualizan tódalas fotos do mesmo en pequeno. Hai varias formas de publicar:
a. Acceso ao album de Picasa. Clicar en "Publicar en ". Ao clicar nese icono do álbum de Picasa, ábrese unha xanela de Blogger cunha foto do noso álbum de picasa (que se pode aumentar un pouco de tamaño). Clicar en "Publicar entrada"
(Se non se abre esa xanela, hai que desbloquear as xanelas emerxentes, clicando nunha barriña horizontal que aparece na parte superior da mesma. Despois volver ao album e clicar na "B")

b. Proyección de diapositivas.
1. No blog crear "Nueva entrada" e escribir un título
2. Ir ao album de picasa onde están as fotos en miniatura, e na parte dereita, clicar en "Incrustar proyección de diapositivas". Ábrese unha ventá, con varias opcións. Elixir "tamaño extragrande, 600 px". Logo "copiar" o código que aparece con fondo amarelo.
3. Volver ao blog e "pegar" ese código no recadro para escribir a entrada
4. Clicar en "Publicar entrada" e logo comprobar o resultado


Álbumes de flickr. Presentacións.
Se temos unha conta en Flickr www.flickr.com debemos crear un álbum no que se inclúen as fotos que queiramos presentar.

Publicación da presentación de flickr neste blog
1. No blog crear "Nueva entrada" e escribir un título
2. Acceder ao album de flickr onde están as miniaturas, e poñer en modo de "Presentación".
Clicar arriba á dereita en "compartir" e despois "copiar" o código html indicado.
3. Volver ao blog e "pegar" ese código no recadro para escribir a entrada
4. Clicar en "Publicar entrada" e logo comprobar o resultado


Se tedes algún problema para publicar, podedes escribilo aquí nos "comentarios" ou no correco electrónico e procurarei responder o antes posible

1 comentario:

Marga dijo...

Para publicar os vosos álbumes neste blog, creo que é necesario ter unha conta de gmail. Se é así, podedes creala aquí: www.mail.google.com