02 junio 2011

As nosas postais. Maio 2011



Esta é a selección de fotos para as postais da exposición "coas nosas mans", celebrada o pasado 28 de maio, que me pasou Ali. A maioría xa teñen escrito o nome da autora en Flickr (http://www.flickr.com/photos/33553844@N07/), as demais, agradezo que me digades de quén son para poñer tamén o nome que lles corresponde. Podedes enviarmo ao correo, ou escribilo aquí, nos comentarios (que logo borrarei, así como estes párrafos pedindo os nomes). Tamén puxen apaisadas as que ocupaban media postal, para visualizalas mellor.
Escribo con esta outra conta que lle chamei "fotosdemulleres", ao igual que na galería de Flickr para as cousas comúns do blog. Marga